Un ano máis, a Sección de Historia da Arte (Sehag) do Ilustre Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía, en Letras e en Ciencias de Galicia (CDLG) súmase á iniciativa promovida pola Asociación Profesional Española de Historiadores del Arte (Aproha), co motivo da celebración do Día Internacional dos Monumentos e Sitios, promovido polo ICOMOS, o vindeiro 18 de abril, . O evento pretende agrupar a un numeroso colectivo de historiadores da arte de toda España para levar a cabo unha serie de accións, en diferentes cidades españolas, de visibilización e concienciación ante a cidadanía sobre a importancia da protección e difusión do Patrimonio Histórico-Artístico e sobre a necesidade de regular e profesionalizar esta actividade, en especial as visitas culturais, a través da participación daqueles profesionais competentes. A iniciativa de Aproha está oficialmente respaldada polo Consejo Internacional de Monumentos y Sitios (ICOMOS) dependente da UNESCO. Leer más
A Sección de Historia da Arte (Sehag) do Ilustre Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía, en Letras e en Ciencias de Galicia (CDLG), en colaboración co Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC), súmase á iniciativa promovida pola Asociación Profesional Española de Historiadores del Arte (Aproha) co motivo da celebración o 18 de abril do Día Internacional dos Monumentos e Sitios promovido polo ICOMOS. O evento pretende agrupar a un numeroso colectivo de historiadores da arte de toda España para levar a cabo unha serie de accións, en diferentes cidades españolas, de visibilización e concienciación ante a cidadanía sobre a importancia da protección e difusión do Patrimonio Histórico-Artístico e sobre a necesidade de regular e profesionalizar estas actividades. A iniciativa de Aproha está oficialmente respaldada polo Consejo Internacional de Monumentos y Sitios (ICOMOS) dependente da UNESCO.
As actividades promovidas pola Sehag en Galicia darán comezo ás 11:00 horas na Facultade de Xeografía, Historia e Historia da Arte da USC e ás 12:00 horas darase lectura ao manifesto. Leer más
O ciclo "Conversas do CDLG" organizado pola Sehag continúa o vindeiro sábado 18 de febreiro de 2017 coa etnomusicóloga Beatriz Busto Miramontes. A doutora en Antropoloxía Social presentará, por primeira vez en Galicia, as conclusións da súa tese de doutoramento. A conversa levará por título "A Galicia proxectada no NO-DO a partir do uso do folclore musical". Leer más
María Luisa Losada falará sobre a polémica figura de Antonio Casares nunha “Conversa do CDLG” dedicada á historia da ciencia. Terá lugar o sábado 1 de outubro ás 12 horas na sede do colexio en Compostela e coma sempre por cortesía de bodegas Alberte poderemos gozar dun marabilloso viño ao rematar. Leer más
O sábado 30 de abril de 2016 (12 h.) terá lugar a vindeira conversa do CDLG, organizada pola SEHAG.
Manuel Romero Mengotti, antigo decano do CDLG, presentará a súa novel histórica "EL DEFENSOR".
NOTAS SOBRE O LIBRO:
Trátase dunha novela sobre a Guerra Civil cun amplo traballo de documentación: testemuñas directas dos protagonistas, dos medios da época e dos procesos xudiciais. Por todo isto a crítica a considera unha novela documental.
O protagonista, Gonzalo Romero Osende, avogado mobilizado como tenente de complemento no 36, tivo que actuar coma defensor en mais de quince consellos de guerra, defendendo a preto de cen acusados.
A historia divídese en tres partes:
- Unha primeira parte onde presenta a situación en Santiago e arredores nas vésperas do golpe militar e nos primeiros días do mesmo, que serve para coñecer a participación que tiveron nos feitos os mais dos defendidos por Romero.
- Unha segunda parte na que presenta a situación na cárcere provisional do Pazo de Raxoi, onde foron parar tódolos que tentaron a defensa da República.
- Unha terceira parte onde amosa a actividade de Gonzalo Romero para salvar as vidas dos seus defendidos.
O autor, o profesor Manuel Romero Mengotti, é o fillo do protagonista e fixo esta novela coa intención de dar a coñecer a labor do seu pai pero tamén para reivindicar aos defensores nos consellos de guerra,aos que considera moi maltratados pola literatura da Guerra Civil. Despois de ter lidas moitas defensas de militares, o autor afirma que os defensores piden na maioría dos casos o mínimo castigo ou a absolución.
A dureza dos feitos, o pouco valor da vida humana en tempos de guerra e a crueldade das situacións límite que reflicte a novela impresionan ao lector.
Ao finalizar a conversa, a SEHAG invita aos asistentes a tomar un viño de bodegas "Alberte". Agradecemos, coma sempre, a súa colaboración co CDLG.
NOTAS SOBRE O AUTOR:
Manuel Romero Mengotti naceu en Santiago de Compostela e licenciouse en Filosofía e Letras, na sección de Pedagoxía. Exerceu coma Mestre Nacional e adicouse á docencia durante cincuenta anos en centros públicos e privados de Oviedo, Vigo, Santiago e A Coruña. Escribiu en numerosas revistas educativas e mantivo unha colaboración semanal co suplemento Educación 2002 de El Ideal Gallego durante cinco anos. Formou parte do equipo Agromar da Editorial Anaya, que editou textos para o ensino do galego nos cursos da EXB. Foi membro do movemento Padres e Mestres e do equipo fundador do Colexio Obradoiro de A Coruña, que dirixiu durante dez anos. Foi tamén decano do CDLG.
Leer más
Sábado 13 de febreiro as 12:00h na sede do Colexio con Diana Vilas e Oscar Rodríguez. Leer más
Retomamos as Conversas coa presentación do libro "La piel encendida" de Juan Besada, Día: Sábado 17 de outubro. Hora: 12h. Lugar: sede do Colexio. Leer más
Data: sábado 27 de xuño. Lugar: sede do Colexio. Hora: 12:00h. As comunidades xudías medievais galegas mantiveron fortes contactos coas comunidades do norte de Portugal Leer más
Sábado 20 de xuño, de 10:00h a 19:00h (con saída ao campo). Neste curso o obxetivo é aprender a identificar as principais plantas da contorna. A xornada contará cunha saída ao campo Leer más
Sábado 20 de xuño, de 10:00h a 19:00h (con saída ao campo). Neste curso o obxetivo é aprender a identificar as principais plantas da contorna. A xornada contará cunha saída ao campo Leer más
Días 6 e 7 de xuño, de 10h a 14h e de 15:30h a 18:30h. Neste obradoiro coñeceremos unas nocións básicas para aprender a usar as nosas cámaras, cun enfoque centrado na fotografía da arquitectura. Leer más
O CDLG quere manifestar publicamente o seu malestar ante a decisión do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de non levar a cabo unha reunión coa decana deste Colexio Oficial, María del Carmen García Cabezudo. Leer más
La Real Academia de Doctores de España (RADE), con la colaboración de Alcaliber, Fundación Gómez Pardo, Laboratorios Ovejero y don José Lladró, ha convocado los Premios a la Investigación 2015 para tesis doctorales en español, defendidas entre el 30 de julio de 2014 y el 30 de junio de 2015, que hayan obtenido la calificación de sobresaliente cum laude. Leer más
Horario e data: Sábado, día 30 de marzo, de 10:00h a 13:30h e de 15:30h a 19:30h
Lugar: CDLG, rúa San Clemente 30, Santiago de Compostela
Prezo: 25,00€ xeral / 20,00€ colexiados Leer más
Horario e data: Sábado, día 30 de marzo, de 10:00h a 13:30h e de 15:30h a 19:30h
Lugar: CDLG, rúa San Clemente 30, Santiago de Compostela
Prezo: 25,00€ xeral / 20,00€ colexiados Leer más
Do 8 ao 31 de maio na Casa das Asociacións (r/ Manuel Beiras, 3. Conxo) Leer más
Dirixidas a Licenciados/as e alumnado das titulacións de Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio, Grao en Historia, Grao en Historia da Arte e titulacións da rama de Humanidades.
DATA: 7 de maio de 2015
LUGAR: Facultade de Xeografía e Historia Leer más
Sábado 9 de maio ás 12:00 na sede do CDLG nos visita Lucía Pereira Pardo para conversar sobre a pintura mural da Ribeira Sacra. Leer más
9 de Mayo de 2015. Horario: 10:00- 14:00, 16:00-20:00. Lugar de celebración: Centro Universitario de Riazor (CUR, Campus de Riazor, C/ Almirante Lángara, s/n. 15011. A coruña. Antigua Facultad de Empresariales) Leer más
Sábado 11 de abril ás 12:00 na sede do CDLG. Diana Vilas e Óscar Rodríguez inaugurarán as conversas do CDLG para presentar os seus libros interactivos de historia da arte. Leer más
A Xornada electoral se celebrará no local social do Colexio en horario de 10 a 12 horas do día 25 de abril de 2015. Leer más
Opus Monasticorum VIII Universos en orden. Las órdenes religiosas y el patrimonio cultural iberoamericano. Del 15 al 17 de diciembre de 2014 Facultad de Geografía e Historia Universidad de Santiago de Compostela. Leer más
A Aphag e o CDLG presentan a nova Sección de Historia da Arte (Sehag) do citado Colexio, celebrándoo cunha conferencia en Compostela de Guillermo Solana. Aphag y CDLG presentan la nueva Sección de Historia da Arte (Sehag) del citado Colegio, celebrándolo con una conferencia de Guillermo Solana. Leer más
O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) acolle o programa de formación "Herramientas para Camaleones" na súa edición da Coruña, destinando 2 bolsas ao 70% de desconto entre os membros de SEHAG. Para solicitar a bolsa escribe a camaleones@transit.es, e coméntalles a túa idea de proxecto cultural, formación e traxectoria para que poidan valorar a túa solicitude. Leer más
18 de marzo no Salón Nobre de Fonseca. En plena era da comunicación, a historia da arte debe reformular a maneira de facer chegar ao público os seus estudos e investigacións. É necesario reflexionar sobre a conveniencia de redefinir a forma de transmitir os discursos e dunha precisa revisión dos contidos. Leer más
Centro Galego de Arte Contemporáneo do 26 de febreiro ao 1 de Marzo. En máis dun sentido, interpretar a arte contemporánea é facer arte contemporánea. Incorporarse á intención ou ao discurso de cada peza é un xeito de completar a súa identidade. Leer más
Del 2 al 4 de Abril 2014 (Universidad Autónoma de Madrid). “Conectando” el Mundo Atlántico: redes, barreras e intercambio (1492-1830) Leer más
Do 2 ao 5 de abril na Fundación Eugenio Granell. Case cen anos despois do seu fulminante arranque, o movemento surrealista segue a estar considerado o máis influínte da historia das vangardas modernas. Leer más
Salón de Actos de la Facultad de Filosofía da USC do 21 ao 23 de Mayo de 2014. La renovación historiográfica de las últimas décadas ha contribuido notablemente al mejor conocimiento de las reinas e infantas de la Edad Media. Leer más
Do 6 ao 28 de marzo no Museo de Pontevedra. O fin é difundir o papel da muller dentro de todos os ámbitos profesionais das artes visuais, desde a creación artística ó comisariado, á crítica, á investigación e á xestión. Leer más