• Inicio
  • O Colexio
    • Saúdo
    • O Colexio
    • Finalidades
  • Servizos
  • Seccións
    • Historia da Arte
    • Arqueoloxía
    • Museoloxía
  • Novidades
  • Contacte
  • Inicio
  • O Colexio
    • Saúdo
    • O Colexio
    • Finalidades
  • Servizos
  • Seccións
    • Historia da Arte
    • Arqueoloxía
    • Museoloxía
  • Novidades
  • Contacte

ARQUEOLOXÍA

Este sábado 25 de marzo, aprobouse definitivamente a Sección de Arqueoloxía do Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía, Letras e Ciencias de Galicia (CDLG).

A sección de arqueoloxía nace coa vontade de favorecer a protección do patrimonio, a través da defensa e mellora da profesión arqueolóxica: a forte precariedade que sofre a profesión favorece a indefensión do patrimonio ao non alcanzar os obxectivos de mínima calidade nas intervencións. Para tal motivo, as liñas de traballo que se propoñen son: a colaboración coas diferentes administracións públicas implicadas na xestión do patrimonio, Xunta, concellos, deputacións provinciais, etc.; a mellora no deseño dos instrumentos de planeamento, coma os PXOMS, para permitir unha áxil xestión dos proxectos de patrimonio cultural, garantindo unha protección efectiva e priorizando a investigación arqueolóxica como obxectivo de carácter social.

Estipúlase como liña de traballo a contribución da disciplina arqueolóxica na definición de paisaxes culturais e  a ordenación do territorio, promovendo a coordinación con outras áreas profesionais implicadas.

Estas medidas, entre outras, pretenden mellorar a situación do patrimonio arqueolóxico galego. Temos a sorte de posuír unha alta densidade de xacementos e bens culturais apreciados por toda a sociedade, constituíndo ademais, toda unha oportunidade para o noso desenvolvemento económico e cultural.

 

Se queres contactar coa Searqx podes facelo a través do correo electrónico: arqueoloxia@cdlg.es ou a través do noso facebook: https://www.facebook.com/searqx/

Novedades


El fin esencial del Colegio es la representación y la defensa de los intereses profesionales de los colegiados.

Información de contacto

Dirección: Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Centro de Emprendemento Creativo (CEM) Monte Gaiás, s/n. Buzón 4 15707 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 655 754 431
Email: info@cdlg.es

REDES SOCIAIS

Imaxe da portada cedida por
© Copyright 2013 CDLG. Todos los derechos reservados.
Inicio Contacte Politica de Cookies