• Inicio
  • O Colexio
    • Saúdo
    • O Colexio
    • Finalidades
  • Servizos
  • Seccións
    • Historia da Arte
    • Arqueoloxía
    • Museoloxía
  • Novidades
  • Contacte
  • Inicio
  • O Colexio
    • Saúdo
    • O Colexio
    • Finalidades
  • Servizos
  • Seccións
    • Historia da Arte
    • Arqueoloxía
    • Museoloxía
  • Novidades
  • Contacte

Saúdo

Dende o Ilustre Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de Galicia mantivemos sempre unha clara vontade de servizo á sociedade e a nosos colexiamos.

A entidade ten un peso específico que se fundamenta na traxectoria histórica que as profesións acollidas a este tiveron para o progreso da educación e o coñecemento na nosa sociedade. Sen estes piares non hai progreso posible. A dignificación da profesión docente, así como de todas as actividades profesionais baseadas no coñecemento, son os sinais de identidade das sociedades máis avanzadas nos planos sociais, técnicos e económicos.

As actuacións contra o intrusismo profesional, parte esencial das actividades de todos os Colexios Profesionais, non debe verse como un intento de manter un conxunto de privilexios, se non como o que en realidade son, un procedemento para garantir a axeitada instrución e idoneidade dos profesionais que están a formar á nosa xuventude nos centros de ensino, e dos profesionais titulados que nos prestan un servizo.

Tamén quero solicitarvos a todos os colexiados, e en especial a aqueles que non participan de forma habitual na vida do Colexio, que aproveitedes todas as oportunidades que nos brindan as tecnoloxías da información para facernos chegar as vosas inquietudes e suxestións, facendo realidade o concepto de Colexio (do lat.colligere, reunir) de forma que poñamos en común a nosa visión sobre as necesidades e retos das nosas profesións.

Agradecendo o voso interese,
Mª del Carmen García Cabezudo.

Novedades


El fin esencial del Colegio es la representación y la defensa de los intereses profesionales de los colegiados.

Información de contacto

Dirección: Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Centro de Emprendemento Creativo (CEM) Monte Gaiás, s/n. Buzón 4 15707 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 655 754 431
Email: info@cdlg.es

REDES SOCIAIS

Imaxe da portada cedida por
© Copyright 2013 CDLG. Todos los derechos reservados.
Inicio Contacte Politica de Cookies