O pasado mércores 3 de xuño, celebrouse unha interesantísima reunión de traballo entre a Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o noso Colexio.
No encontro participaron Xavier de Donato, decano do centro, e Maricarmen García Cabezudo, a súa homóloga na corporación, quen analizaron diversas vías de colaboración entre ambas institucións co obxectivo de reforzar a proxección profesional e social dos estudos de Filosofía.
Orientación profesional
Durante a reunión abordáronse iniciativas relacionadas coa orientación profesional do alumnado, a creación de redes de persoas egresadas, a organización de xornadas sobre empregabilidade e novas oportunidades profesionais, a colaboración co profesorado de ensino secundario, o impulso de actividades dirixidas á Universidade Senior e a realización de estudos sobre as expectativas laborais do estudantado.
Seguiremos contando novidades!
