A recentemente creada Sección de Museoloxía do Ilustre Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de Galicia nace froito da preocupación polo futuro da institución e dos seus profesionais.
Como colectivo, creemos firmemente no traballo e a función dos museos, segundo a definición promovida polo ICOM e recollida polo noso marco normativo. Buscamos activamente promover a defensa destes espazos como lugares transversais de encontro e coñecemento, poñendo o acento no seu compromiso coa sociedade non soamente como garantes da conservación do patrimonio común, tamén como ferramentas fundamentais no dereito á cultura de todos os cidadáns e como motor de desenvolvemento individual e colectivo.
A Sección de Museoloxía ten como fins, segundo os seus estatutos e baixo o amparo do Colexio:
- Representar e defender as necesidades e criterios profesionais dos seus membros e a xestión e defensa dos seus intereses lexítimos.
- Fomentar o permanente perfeccionamento dos seus membros, de acordo coa evolución das técnicas e as necesidades da museoloxía1. Establecer criterios para a formación dos futuros profesionais.
- Destacar ante a sociedade a riqueza do Patrimonio e a necesidade duns profesionais especificamente formados que garantan a súa adecuada conservación, documentación, investigación e difusión.
- Defender a Museoloxía como disciplina autónoma con competencias profesionais diferenciadas e con medios, métodos e ferramentas propias. Non obstante, promoverase a colaboración interdisciplinaria con outras áreas do coñecemento.
- Promover e defender como perfís profesionais da disciplina da museoloxía os seguintes:
- Conservadores de museos: Correspóndelles a coordinación, supervisión e desenvolvemento dos labores técnicos encomendados ás áreas funcionais do museos. Así mesmo, asumir e desempeñar as responsabilidades da área ou áreas que se lle encomenden e, se é o caso, a dirección e subdirección dos centros.
- Axudantes de museos: Os axudantes de museos exercen tarefas de colaboración e axuda técnica ás funcións facultativas encomendadas ós conservadores. Igualmente poden desempeñar as responsabilidades técnicas e de xestión das áreas funcionais do museo.
- Restauradores de bens culturais: Correspóndelles a función específica de velar pola integridade física das pezas que forman as coleccións do museo no marco do programa xeral de conservación do centro. Especificamente correspóndenlles, entre outras, as tarefas técnicas seguintes:
- Auxiliares de museos: Correspóndenlles as funcións de asistencia e apoio nos labores de conservación e mantemento dos edificios e fondos de museos e coleccións visitables, desempeñando entre outras as tarefas seguintes:
- Fomentar e promover o coñecemento, protección, difusión e posta en valor dos bens culturais, naturais, materiais e inmateriais, potenciando o seu valor como medio de divulgación cultural, educativa e científica.
- Contribuír á formación e perfeccionamento de estudantes, investigadores e educadores do ámbito da museoloxía e da conservación e restauración de bens culturais e todo o relativo a ela, incluída a formación permanente de profesorado. 8. Promover e fomentar actividades de formación e de divulgación da museoloxía e as súas especialidades, no ensino e en todos os seus ámbitos.
- Servir de órgano de comunicación e intercambio de ideas, documentación e divulgación das mesmas entre persoas físicas e xurídicas que investiguen, escriban ou estuden a museoloxía de xeito profesional.
- Promover e divulgar os coñecementos culturais e científicos dos membros da mesma no ámbito local, autonómico, nacional ou internacional.
- Colaborar con entidades públicas ou privadas que desenvolvan actividades de estudo, divulgación ou investigación en materias relacionadas coa museoloxía.
- Contribuír á sensibilización dos poderes públicos e da sociedade en xeral, en canto ás funcións sociais e a contribución dos museos á cultura e ao desenvolvemento do país.