Tlf: 981 57 46 57 - Mail info@cdlg.es

CONVOCATORIA ELECCIÓNS 2015

A Xunta de Goberno do Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras e en Ciencias de Galicia, en cumprimento do regulamento descrito no Anexo I dos seus Estatutos, convoca eleccións para a renovación de todos os seus cargos (Convocatoria eleccións 2015). Aqueles electores que desexen exercer o dereito a voto por correo teñen as papeletas á súa disposición no local social dos Colexio, Rúa San Clemente nº 30 de Santiago de Compostela, nos prazos establecidos no devandito anexo I dos estatutos.

Os cargos a elección son:

1 Decano/a

1 Vicedecanos/as

1 Secretario/a

1 Vicesecretario/a

1 Interventor/a

1 Tesoureiro/a

4 Vogais

Nas papeletas figurarán os nomes dos candidatos ou candidatas propostos/as para cada cargo, debendo os electores marcar un candidato por cargo. O calendario do proceso electoral é, de acordo ao regulamento vixente, o que a continuación se detalla:

Ata o 15 de marzo poderán presentarse as propostas de candidatos/as subscritas cada unha polo interesado ou ben por dez colexiados con dereito a voto.

Do 16 ao 18 de marzo farase exposición pública da lista dos candidatos propostos

Do 19 ao 23 de marzo poderán presentarse as impugnacións que se considerasen procedentes.

Do 24 ao 27 de marzo resolveranse as impugnacións se as houbera.

Desde o 26 de marzo estará exposta a lista dos electores

Do 26 de marzo ao 3 de abril poderán presentarse reclamacións a esta lista

Do 4 ao 11 de abril resolveranse as reclamacións á lista de electores se as houbera.

O 25 de abril se desenvolverá a Xornada electoral.

O SECRETARIO