Novidades
Un ano máis, a Sección de Historia da Arte (Sehag) do Ilustre Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía, en Letras e en Ciencias de Galicia (CDLG) súmase á iniciativa promovida pola Asociación Profesional Española de Historiadores del Arte (Aproha), co motivo da celebración do Día Internacional dos Monumentos e Sitios, promovido polo ICOMOS, o vindeiro 18 de abril, . O evento pretende agrupar a un numeroso colectivo de historiadores da arte de toda España para levar a cabo unha serie de accións, en diferentes cidades españolas, de visibilización e concienciación ante a cidadanía sobre a importancia da protección e difusión do Patrimonio Histórico-Artístico e sobre a necesidade de regular e profesionalizar esta actividade, en especial as visitas culturais, a través da participación daqueles profesionais competentes. A iniciativa de Aproha está oficialmente respaldada polo Consejo Internacional de Monumentos y Sitios (ICOMOS) dependente da UNESCO. Leer más
A Sección de Historia da Arte (Sehag) do Ilustre Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía, en Letras e en Ciencias de Galicia (CDLG), en colaboración co Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC), súmase á iniciativa promovida pola Asociación Profesional Española de Historiadores del Arte (Aproha) co motivo da celebración o 18 de abril do Día Internacional dos Monumentos e Sitios promovido polo ICOMOS. O evento pretende agrupar a un numeroso colectivo de historiadores da arte de toda España para levar a cabo unha serie de accións, en diferentes cidades españolas, de visibilización e concienciación ante a cidadanía sobre a importancia da protección e difusión do Patrimonio Histórico-Artístico e sobre a necesidade de regular e profesionalizar estas actividades. A iniciativa de Aproha está oficialmente respaldada polo Consejo Internacional de Monumentos y Sitios (ICOMOS) dependente da UNESCO.
As actividades promovidas pola Sehag en Galicia darán comezo ás 11:00 horas na Facultade de Xeografía, Historia e Historia da Arte da USC e ás 12:00 horas darase lectura ao manifesto. Leer más
O ciclo "Conversas do CDLG" organizado pola Sehag continúa o vindeiro sábado 18 de febreiro de 2017 coa etnomusicóloga Beatriz Busto Miramontes. A doutora en Antropoloxía Social presentará, por primeira vez en Galicia, as conclusións da súa tese de doutoramento. A conversa levará por título "A Galicia proxectada no NO-DO a partir do uso do folclore musical". Leer más
Novidades do Colexio
A xornada de reivindicación da Historia da Arte en imaxes
O CDLG ASINA UN CONVENIO MARCO COA USC, IMPULSADO POLA SEHAG E A FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA
Beatriz Busto Miramontes nas Conversas do CDLG: "A Galicia proxectada no NO-DO a partir do uso do folclore musical"
A Sehag retoma as "Conversas do CDLG" cunha cita dedicada á divulgación científica na figura de Antonio Casares da man de María Luisa Losada
Volven as CONVERSAS DO CDLG con " Castelao e as estampas de nenos"