Como colectivo, cremos firmemente no traballo e na función dos museos como espazos de encontro, coñecemento e participación social.
Desde a Sección de Museoloxía defendemos:
A protección, conservación, investigación e difusión do patrimonio.
A profesionalización do sector e o recoñecemento das diferentes funcións e perfís profesionais.
A Museoloxía como disciplina autónoma, fomentando sempre a colaboración interdisciplinaria.
A formación continua de profesionais, estudantes, investigadores e educadores.
O acceso á cultura como un dereito de toda a cidadanía.
A colaboración con institucións e entidades vinculadas á cultura, ao patrimonio e á investigación.
Porque os museos non son só espazos para conservar o pasado: son ferramentas fundamentais para comprender o presente e construír o futuro.
