Poñemos no voso coñecemento tres iniciativas de interese do noso Consejo General:
-
Enquisa sobre a formación inicial docente
O Consello Xeral está a impulsar un proxecto de investigación sobre a formación inicial do profesorado e as posibles reformas do modelo actual.
Precisamos contar coa opinión dos docentes para que o debate educativo incorpore a experiencia e o criterio profesional de quen traballa diariamente nas aulas.
Conferencia en liña – Luns 22 de xuño, 18:00 h
«Por un enfoque racional das políticas educativas»
A cargo de Francisco López Rupérez, doutor en Ciencias da Educación, catedrático e director da Cátedra de Políticas Educativas da Universidade Camilo José Cela.
Unha oportunidade para reflexionar sobre os retos actuais do sistema educativo e a necesidade de fundamentar as políticas educativas no coñecemento, na evidencia e na experiencia profesional.
Obradoiro en liña: Usos da IA xerativa para a educación
Últimas prazas dispoñibles
Do 1 ao 17 de xullo de 2026 · 20 horas · Modalidade asíncrona
Formación práctica orientada á integración da intelixencia artificial xerativa no ensino, con criterios pedagóxicos, éticos e profesionais.
Actividade recoñecida con 2 créditos de formación polo Ministerio de Educación.
Achegamos a campaña de difusión que estamos a remitir aos centros educativos e ao profesorado, así como a información relativa á enquisa sobre formación inicial docente, á conferencia en liña do vindeiro luns e ao obradoiro sobre intelixencia artificial aplicada á educación.
