Tristura polo pasamento de Manuel Quintáns, antigo Decano do CDLG

Dende o CDLG, con tristura, lamentamos o pasamento do noso antigo Decano e benquerido compañeiro Manuel Quintáns Suárez.
Queremos expresar o noso fondo pesar por tan triste perda e trasladar o noso máis sentido pésame a súa viuva e fillos.
O profesor Manuel Quintáns foi un grande intelectual e home culto que deixou unha fonda pegada en todos o eidos do saber.
Moi querido e admirado, deixa un enorme legado para ser apreciado polos que tivemos contacto con el e polas xeracións que han de vir.
Eu, coma Decana do Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía, Letras e en Ciencias de Galicia, tiven a honra de coñecelo e de seguir as súas sabias ensinanzas e consellos, que tanto valoro como sucesora no cargo que el tan admirablemente ostentou.
Vaia, dende aquí, o noso recoñecemento á súa labor e a nosa máis agarimosa despedida e aperta.
Descanse en paz.
A Decana,
María del Carmen García Cabezudo
A Xunta de Goberno do CDLG con Manuel Quintáns nunha imaxe de arquivo.

A Xunta de Goberno do CDLG con Manuel Quintáns nunha imaxe de arquivo.