CONVERSAS DO CDLG. OS CONVERSOS EN GALICIA E PORTUGAL

conversas_4

 

As comunidades xudías medievais galegas mantiveron fortes contactos coas comunidades do norte de Portugal. Os decretos de expulsión en Castela en 1492 e en Portugal en 1497 provocaron un proceso de tensión social que foi parello ás cíclicas crises económicas no reino. A inmigración en Galicia dos conversos portugueses, coas súas particulares características, levaron a un crecemento da desconfianza cara as familias que se asentan sobre todo no sur de Galicia. Estas familias acadarían poder e relevancia social, o que iniciaría a sucesión de procesos do Santo Oficio no territorio galego, acadando ben a fuxida das comunidades conversas cara ao norte de Europa ou o Mediterráneo ben a asimilación total das familias.