Asesoría Xurídica Gratuita
-Servizo de asesoramento xurídico a persoas colexiadas en calquera tipo de materia.
-Primeira consulta gratuita para persoas colexiadas.
-Desconto dun 25% sobre as tarifas habituais do despacho nos procedementos administrativos e/ou xudiciais para os/as colexiados/as (coa posibilidade de pedir un presuposto previo sen compromiso).
Servizo ofrecido por:
CeG, Avogados Asociados
gonzalogesto@avogacia.org (É preciso explicar brevemente o motivo da consulta e engadir o voso número de colexiado/a para poder aplicar as condicións do Convenio co CDLG).
Seguros Especiais
Benefíciate dos seguros especiais para colexiados que te ofrece o ‘Consejo General’. Se queres contratar unha póliza de responsabilidade civil ou de saúde poderás disfrutar dunhas tarifas moi vantaxosas. Máis información no ‘Consejo General’
Bolsa de Emprego
Accede ao Portal de emprego e prácticas exclusivo para colexiados, pulsando aquí
Formación
Dende o Colexio apostamos pola formación. Por iso manterémoste informado dos principais cursos e actividades culturais que se leven a cabo. Así como de aqueles promovidos polo propio Colexio. Así mesmo queremos contar contigo e os teus coñecementos. Si es colexiado e tes unha idea ou proxecto relacionado coa formación, nós te axudamos a materializala. Contacta con nós para máis información.
Perito Xudicial
Para a inclusión nos listados de peritos xudiciais de acordo coa lei 1/2000 art. 341.1 de Axuizamento Civil por parte do Colexio, hai que cumprimentar o documento de Solicitude de inclusión como perito
Uso das instalacións
Poñemos as instalacións ao servizo dos colexiados para reunións, cursos ou actividades. Infórmate das condicións
Financieiros
Grazas ao acordo do Colexio co Banco Sabadell poderás aproveitarte de multitude de vantaxes específicas segundo as túas necesidades. Máis información en Banco Sabadell
Tarxeta Visa
Grazas ao convenio que o Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e letras e Ciencias de Galicia firmou co Banco Sabadell, podes conseguir unha tarxeta Visa gratuíta con un seguro de accidentes de ata 120.000 euros e que, ademais, está personalizada coa imaxe do Colexio.