Exposición “Artistas na rúa”

Organizada por un grupo de estudantes de Historia da Arte da USC. A exposición documental e fotográfica pretende revalorizar o traballo dos artistas das rúas da nosa cidade, así como focalizar a atención nos lugares onde se sitúan, para arrincalos do anonimato.A exposición poderase visitar na Casa das Asociacións (r/ Manuel Beiras, 3. Conxo).